A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, organiza dentro do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (IN.CI.TE), a sétima edición da Semana da Ciencia en Galicia no marco da Semana Europea da Ciencia e da Semana estatal.
Obxectivos
Involucrar á cidadanía na ciencia e na tecnoloxía a través de actividades de divulgación. Estas deben amosarlle á sociedade como a ciencia inflúe nas súas vidas: dende os trebellos máis simples de andar pola casa até a técnica máis sofisticada. Buscan azuzar o pensamento, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible, aínda que os máis novos e os que conservan un espírito xuvenil, son os máis habituais da Semana da Ciencia.
Actividades
Cafés científicos; exposicións; feiras científicas; visitas guiadas; obradoiros; excursións; ciclos de cine; representacións de teatro científico e todas aquelas que axuden a cumprir os obxectivos da Semana da Ciencia.
Mitsubishi Lancer Evolution IX
Hace 13 años